O CARBALLIÑO

Os hostaleiros serviron en oito xornadas 12.000 tapas

A Ruta que organizaron o último venres de mes desde outubro foi un éxito

Os 29 establecementos de hostalería do Carballiño que participaron na Ruta das Tapas serviron más de 12.000 pinchos os últimos venres de cada mes entre outubro de 2015 e maio do 2016, no que dábase por finalizada esta tempada. O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, o presidente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga, e unha representación de hostaleiros facían onte unha valoración moi positiva, calificando de éxito a campaña na que se quedaron cortas as 2.000 tarxetas que se fixeron para que os clientes votasen á mellor tapa, para o que tiñan que probalas ao menos en seis locais, co fin de entrar no sorteo de regalos.

Os premios consisten en 5 bonos por valor de 200 euros cada un para mercar no comercio do Carballiño, e unha viaxe para dúas persoas por xentileza da bodega Pazo Tizón. O sorteo realizouse onte no Concello, resultando gañadores no caso dos bonos de compra: Eulogio (non figuraba o apellido na tarxeta), Juan Pedro Alonso, José Manuel Sobrado, José Trigás Vázquez e José Fernández Nogueira. O premio dunha viaxe é para Pilar Caballero.

Por outra parte, os promotores desta iniciativa, que ten por obxectivo promocionar a hostalería local e en xeral o Carballiño, anunciaron a organización dunha ruta especifica na semana grande previa á Festa do Pulpo, que se celebra o segundo domingo de agosto. Será, por suposto, unha xornada na que as tapas que se elaboren estarán dedicadas ao produto que se exalta na festa.

Manuel Dacal tamén asegurou que tras o éxito desta última campaña, a Ruta das Tapas terá continuidade, contando incluso que participen un maior número de locais.

Os hostaleiros elexiron para cada mes unha temática na que se inspiraron para a elaboración dos pratos, desde os produtos do outono, pasando polo Nadal, a mata do porco ou as froitas, entre outras.

Te puede interesar