CULTURA

Hoxe, concerto de Danny Romero e teatro co grupo Chévere

O concerto terá lugar na discoteca Isis Pharia no día de hoxe, a partir das 22,30 horas.

Na víspera de Noiteboa, o Carballiño ofrece dúas actividades de gran interese neste Nadal Cultural. Trátase da obra teatral Eroski Paraíso, da compañía Chévere, coa actuación estelar do actor Miguel de Lira, e do concerto de música latina e electrónica que ofrecerán Dasoul e Danny Romero, ademais de contar cos DJ de Galicia Groove Amigos, The Prieto Brothers e Stewe Gómez.

O concerto terá lugar na discoteca Isis Pharia no día de hoxe, a partir das 22,30 horas. Para facilitar o traslado ata a discoteca, sen necesidade de usar vehículo propio, hai un servizo de autobús desde Ourense, Ribadavia e Carballiño. Tamén hoxe, pero ás 21,00 horas, a compañía de teatro Chévere representará no auditorio municipal a comedia Eroski Paraíso. No elenco figuran Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Patricia de Lorenzo, Fidel Vázquez e Luís Martínez.

Te puede interesar