Sesenta mil euros do Xacobeo arranxarán as paredes e a cuberta

A igrexa de Cea pecha para a súa restauración

A igrexa de San Cristovo de Cea.
As obras de restauración da igrexa de San Cristovo de Cea comezaron esta semana e prolongaranse por espazo duns seis meses, tal e como indicaron fontes do Obispado. Este templo parroquial, ubicado perto da estrada N-525 (Ourense-Santiago) e a un quilómetro do casco urbano da capitalidade municipal, está catalogada como un dos máis antigos de Galicia no estilo románico do século XII, e por iso presentaba un importante deterioro.
Así, as tellas da cuberta filtraban a auga de choiva ó interior, mentres diversas partes da estructura da fachada corrían o risco de desplomarse, sobre todo na súa parte posterior. Os responsables de Patrimonio da Diócese ourensana xa habían presentado hai sete anos un proxecto técnico ante a comisión do Xacobeo, pero non foi incorporado ó programa que financia a Xunta ata iste ano. A inclusión neste plan está xustificado polo paso do Camiño do Sureste da Vía da Prata polo municipio de Cea, que parte da cidade para continuar logo por Piñor, Castro Dozón e Silleda ata chegar a Santiago de Compostela.


BALEIRADO

O investimento aproximado que aporta a Consellería de Cultura a estes traballos de recuperación da igrexa románica ascenden a 60.000 euros, e consistirán na reposición do tellado, a consolidación das pedras que na actualidade están soltas na fachada e o acondicionamento e limpeza das paredes interiores. A execución do proxecto motivou o baleirado de todo o mobiliario e retablos ubicados na igrexa, así como un valado perimetral. Por outra banda, durante o periodo de obras, estará pechado ó culto, de xeito que as misas dominicais e outros oficios litúrxicos foron trasladados á igrexa da Virxen da Saleta, un templo construido no ano 1908 gracias a unha suscripción popular, e que está ubicado na estrada de saída cara Oseira. Deste xeito, os feligreses de Cea están acudindo esta semana a esta capela para asistir ás misas da novena na honra do patrón da parroquia, San Cristovo, cuxa festa se celebra o vindeiro sábado, 10 de xullo, con procesión e bendición de automóbiles.

Te puede interesar