O conselleiro de Medio Rural percorreu as instalacións da empresa de embutidos ‘Castro Bello’

As industrias alimentarias son as que mellor están soportando a crise, según Suárez Canal

José Antonio Barge, Xosé Carballido, Suárez Canal e Amil, cos veciños de Lobás. (Foto: Martiño Pinal)
’A economía da transformación de alimentos é a economía do futuro para Galicia’, indicou onte no Carballiño o conselleiro de Medio Rural, Suárez Canal. O seu departamento investiu 27 millóns de euros neste sector durante os últimos catro anos.
A xornada matinal de onte estivo marcada por unha apretada axenda do conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, no municipio carballiñés. Así, o nacionalista mantiña como cabeza de lista do BNG ó Parlamentounha xuntanza con representantes das asociacións veciñais, culturais e de discapacitados, a fin de explicarlles o programa da súa formación política para a nova lexislatura.

A continuación, desplazouse ó parque empresarial do Carballiño para percorrer durante unha hora as instalacións da empresa de embutidos ‘Castro Bello’, xunto co director xeral de Estructuras Agrarias, Xosé Carballido, o teniente de alcalde José Antonio Barge e outros concelleiros da Corporación. Suárez Canal manifestou que ‘é para min unha gran satisfacción ver que este tipo de empresas crean postos de traballo e son as que máis están a resistir a crise, incluso cunha meirande facturación’.

Neste sentido, o conselleiro de Medio Rural sinalou que ‘a economía da transformación de alimentos é a economía do futuro para Galicia e por iso ímola seguir apoiando como fixemos nos últimos catro anos, nos que investimos 27 millóns de euros na provincia’. Suárez Canal engadiu que ‘este tipo de indus trias de distribución e comercialización de productos son necesarias para otorgar un valor engadido ás produccións agrarias e gandeiras’.

Novos proxectos

O responsable do departamento autonómico referiuse á posta en marcha do Instituto Galego de Calidade Alimentaria e a reorientación do Centro Tecnolóxico da Carne, ubicado no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, ‘xa que son apoios fundamentasi para a aplicación da investigación agrícola, gandeira e alimentaria e o impulso de novos proxectos e iniciativas de desenvolvemento’.

Suárez Canal destacou que a Consellería de Medio Rural destinou na lexislatura que agora remata un total de 16 millóns de euros na comarca carballiñesa. O conselleiro tamén invitou ós propietarios de ‘Castro Bello’ a presentar calquera tipo de proxecto de ampliación e mellora da empresa, tendo en conta a súa aposta pola creación de emprego e o nivel de calidade acadado polos seus productos.


Te puede interesar