O Carballiño

Inicio do curso de atención sociosanitaria para parados

O Carballiño

Inicio do curso de atención sociosanitaria para parados

O módulo de atención sociosanitaria, que forma parte das opcións de formación e reinserción laboral do Programa Integrado de Emprego do Carballiño, comezou este pasado mércores, nas instalacións da Mancomunidade do Carballiño.

O curso, de 450 horas, repartidas en 69 días lectivos, de luns a sábado, en horario de 08,00 a 14,30 horas, desenvolverase ata o 5 de outubro, e está encamiñado á obtención do certificado de profesionalidade sociosanitario, que é unha saída laboral con moitas posibilidades de éxito, segundo valoran os responsables municipais.

De feito, as persoas que completaron este curso no programa integrado de emprego 2017/18, atoparon traballo na súa totalidade, moitas delas nas instalacións nas que efectuaron as prácticas. As clases prácticas do curso realizaranse ao remate das teóricas, do 6 ao 10 do próximo mes de outubro, cun total de 80 horas.