O Instituto de Estudios publica a revista 'Ágora do Orcellón'

A Casa da Cultura do Carballiño acollerá o vindeiro venres, 25 de marzo, a asamblea xeral ordinaria do Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC), que preside o profesor Avelino Muleiro. Ademais da presentación do balance económico do 2010 e do programa de actividades para este ano, a directiva da entidade cultural poñerá en coñecemento dos asociados unha nova edición da revista 'Ágora do Orcellón'.
Nesta publicación, que corresponde ó número 21, inclúense unha serie de entrevistas e de artigos de carácter científico, histórico e etnográfico. Un deles é relativo á traxectoria da Cooperativa Láctea de Loureiro, no Irixo, cun artigo do seu fundador, o sacerdote Antonio González Bernárdez. Esta iniciativa empresarial tamén foi obxecto da edición dun DVD, que os asistentes á xuntanza poderán visionar.

Te puede interesar