arte

A Insua dos Poetas acolle hoxe a IX Festa da Palabra

Confirmaron a súa asistencia, entre outros, o presidente do Parlamento Galego, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

A Insua dos Poetas (Carballiño) acolle hoxe a celebración da IX Festa da Palabra, ás 11,30 horas. Confirmaron a súa asistencia, entre outros, o presidente do Parlamento Galego, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Entre as persoas e entidades que recibirán un galardón neste evento cultural figura o grupo de teatro afeccionado do Carballiño, Tiruleque, na modalidade de Iniciativa Cultural Destacada. Na modalidade de Creación Literaria, o elexido é Miguel Anxo Fernán Vello, e na de Medio Ambiente, a Plataforma Ríos Limpos. Carlos Guitián, recibirá o Premio Defensa da Lingua Galega. O Premio Artes Plásticas é para Antón Pulido, e en Medios de Comunicación, o galardón é para o Diario Cultural da Radio Galega, e o de Emigración concédeselle ao Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires. 

Te puede interesar