Cultura

A Insua dos Poetas, primeira en homenaxear a Xela Arias

A autora das Letras Galegas conta dende onte con unha peza escultórica neste espazo cultural

Na Insua dos Poetas, na Esgueva de Madarnás, celebrouse unha nova edición do Día da Auga, da Árbore e da Poesía, dedicada nesta ocasión á escritora Xela Arias, a quen este ano se rinde homenaxe polas Letras Galegas. Alí, de novo, déronse cita veciños, artistas, autoridades e familiares da autora, organizado o evento pola Fundación Insua dos Poetas, contando coa colaboración da Xunta, Deputación e Concello do Carballiño.

"É un territorio libre, unha república de escritores, poetas, artistas, músicos, de todos os que crean, que soñan, que aman, que cren no valor das palabras", referíase Luis González Tosar, presidente da fundación, a este espacio natural, no que destacan as piezas escultóricas dos artistas más relevantes e no que se incorporou onte unha nova en honor de Xela Arias, da que é autor Alberto Fernández.

Xunto co recoñecemento da homenaxeada polas Letras Galegas pola súa corta traxectoria "rompedora, disposta a rachar cos moldes", según Tosar, tamén estivo moi presente o pintor José Manuel Vidal Souto polo seu recente pasamento. Esta edición, co título de Xela Arias en Liberdade: auga, árbores, palabras, ofreceu un espectáculo de danza, lume, música e números de circo a través do fío condutor dos catro poemarios de Xela, a partir do recital de Yolanda Castaño.

O Irixo 27/3/21
Acto homenaje a Xela Arias en la Ínsua dos Poetas 

Fotos Martiño Pinal

A segunda parte do acto ofreceu música tradicional en directo e descubriuse a nova escultura. O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, destacou o traballo e dedicación de Tosar a este "espazo de liberdade". O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, referíase a Xela Arias como autodidacta, editora, tradutora e creadora en liberdade. Mentres Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación,  sinalaba que esta homenaxe era a primeira de outras que se desenvolverán na provincia ao longo do ano. O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, lembraba que houbo un acordo unánime para conceder a Medalla do Parlamento a Xeración Nós polo seu compromiso coa lingua galega e Xela Arias, indicou que tamén tiña ese compromiso e que por iso "estaba obrigado o Parlamento a asistir a este acto". Santalices tamén fixo o chamamento a ser "rigurosos" e "precabidos" ante a situación sanitaria, pechando o acto o fillo de Xela Arias, Darío Gil, que transmitía  o agradecemento aos organizadores e asistentes.

Te puede interesar