A Factoría Teatro abriu o telón coa súa obra ‘Crónicas de días enteiros, de noites enteiras’

A interpretación do movemento escénico

Un momento da representaciòn de ‘Crónicas de días enteiros, de noites enteiras’. (Foto: Martiño Pinal)
A lixeireza escénica, a interpretación, o vestiario e o son, son algúns dos rasgos peculiares que diferencian a montaxe presentada onte no Carballiño por A Factoría Teatro, coa obra ‘Crónicas de días enteiros, de noites enteiras’, abrindo o telón do Festival de Teatro Galego, que continuará ata o día 12.
Arrancou onte o Festival de Teatro Galego do Carballiño, que continuará en días sucesivos ata o próximo 12 de setembro, coa cuarta función en Galicia da obra ‘Crónicas de días enteiros, de noites enteiras’ a cargo da compañía A Factoría Teatro. O seu director, Alfredo Rodríguez, presentou a montaxe coma unha coproducción na que participa Olga Cameselle e na que se conxuga a representación teatral e o movemento escénico, nun combinado ó 50% de ambas linguaxes.

Cinco persoaxes, con idades entre os 30 e 35 anos, representaron esceas da vida cotiá, amosando polo día como viven en torno ó amor, e pola noite cos seus monólogos facendo frente á soedade.

O atractivo do espectáculo repártese entre a interpretación dos actores, a lixeireza escénica, o son e o vestiario.

A obra está ambientada nun medio urbán e conta tamén cun soporte audiovisual, que representa unha ventana ó exterior no que hai vida.

Alfredo Rodríguez matizaba que ‘é un espectáculo moi pouco académico, porque se fai a partir dunha obra na que o autor empregou 10 anos para facela, e por eso ofrece algo de todo, grandes dosis de comedia e de drama, é un espectáculo ubicado na investigación de novas linguaxes’, e añadiu que ‘o son e o vestiario corresponden a xeneración das persoaxes e teñen certo toque contemporáneo’. O director tamén destacou as aportacións que o público fixo á creación da montaxe a través de internet. Josi Gage, da compañía Nove-Dous organizadora do festival xunto coa empresa Arteficción, destacou este espectáculo que abriu o telón e que calificou de moi recomendable.

Te puede interesar