Un itinerario facilita a visita ó castro de Maside

Vista aérea do xacemento de Santa Mariña, no Concello de Maside.
photo_camera Vista aérea do xacemento de Santa Mariña, no Concello de Maside.
As escavacións deixan á vista unha necrópole, pías e un posible lagar

O pasado 8 de decembro rematou a primeira fase da intervención arqueolóxica no xacemento de Santa Mariña, en Maside, despois de 10 días de excavacións e outros tantos de limpeza.

Dirixido o equipo por Andrés Rodríguez Sobrino, levouse a cabo unha sondaxe nun posible lagar, unha estrutura cuadrangular escavada sobre a rocha, identificando unha serie de canais e material arqueolóxico que será ́procesado nas vindeiras semanas xunto cos demais restos para coñecer a secuencia cronolóxica de cada un deles.

Tamén se fixo una sondaxe na necrópole, na que se toparon cerámicas de época galaico-romana e da época medieval, ademais dun prisma de cristal de cuarzo, material que parece haber sido trasladado a este espazo dende outro lugar.

Realizouse unha limpeza arqueolóxica na zona da Pía da Santa, unha plataforma granítica de máis de 40 metros cadrados, onde se pode apreciar un sistema de pías redondas e canais cunha función aínda descoñecida. Tamén, máis dunha trintena de buratos de poste, escalóns, canais e rebaixes labrados sobre a rocha así como abundante material cerámico xunto con escorias de ferro e cantos rodados. Entre as estructuras atopadas, resalta unha cuadrangular escavada sobre a rocha de 6 metros de largo e 3 de ancho cun morteiro labrado no chan da mesma.

Así mesmo, procedeuse a delimitación dun itinerario circular polo xacemento que permitirá unha maior comprensión do espazo e o modo de hábitat e abriuse o acceso ao coto do monte para unha maior visibilidade do xacemento, ademais de instalar a finalización do mesmo. O próximo día 2 de xaneiro celebrarase a primeira andaina organizada polo Concello.

Te puede interesar