Javier Deltell presenta el show “Las canciones que me rayaron"

Javier Deltell acadou unha gran propularidade a raíz da súa colaboración no programa televisivo “Crónicas marcianas” de Xavier Sardá.

O humorista Javier Deltell presenta no Carballiño o próximo sábado, 19 de marzo, o show cómico-musical “Las canciones que me rayaron”. Trátase dun espectáculo no que este cómico e presentador, nado en Lleida, repasa as cancións que marcaron a súa vida desde a súa infancia ata a actualidade.

Javier Deltell acadou unha gran propularidade a raíz da súa colaboración no programa televisivo “Crónicas marcianas” de Xavier Sardá, como reporteiro do absurdo. Despois de traballar moitos anos na radio e colaborar en programas de televisión como “Me resbala”, “La hora de José Mota” ou “Mira quien baila”, entre outros, fai unha primeira incursión nos teatros da man de Carlos Latre.

Agora representa por toda España “Las canciones que me rayaron”, que ofrecerá este próximo sábado, ás 21,00 horas, no Auditorio municipal, dentro do ciclo “Carballiño Comedy”.

Te puede interesar