Lavado de rúas e limpeza de sumidoiros para evitar os cheiros

Os voluntarios da Agrupación Local de Protección Civil e o equipo do Grupo de emerxencias (Grumir) do Carballiño están a levar a cabo unha campaña de lavado de rúas e prazas do casco urbán, co obxectivo de eliminar restos de lixo que poden producir cheiros. Ademais, os grupos citados tamén están a aplicar as mangueiras con auga a presión para tratar de desatascar os sumidoiros da rede de saneamento, que están atorados en varios puntos da vila carballiñesa.
Esta campaña, coordenada pola Concellería de Medio Ambiente e Servizos Públicos, extenderase a aqueles barrios da periferia que así o soliciten, xa que a escasez de personal na sección de barrendeiros deixa sen cobertura algunhas destas zonas, como son as parroquias de Arcos, Seoane ou Mesego.

Por outra banda, o Concello carballiñés solicitará unha máquina para efectuar o lavado e desinfección dos contedores de lixo, ante as queixas formuladas por veciños e comerciantes de rúas da vila. Noutros anos, a Mancomunidade do Ribeiro puña á disposición da brigada municipal de obras unha máquina deste tipo, xa que o Concello non pode afrontar o seu gasto de aquisición. No caso actual, a intención do grupo municipal de goberno é recurrir á Deputación provincial, que, por outra banda, encargarase no futuro deste tipo de actuacións, unha vez que a Corporación aprobe a adxudicación do servizo de recollida de lixo á insitución provincial.

Te puede interesar