La Región

ENTROIDO

O mal tempo obriga a aplazar o desfile deste martes para o domingo

Os premios do concurso entregaranse ao remate do desfile, durante o baile que amenizará na Praza Maior a orquestra-espectáculo Principal

O mal tempo obriga a aplazar o desfile deste martes para o domingo

O Gran Desfile-Concurso de Comparsas do Entroido en Carballiño, que estaba previsto para a tarde deste martes, suspéndese por causa do mal tempo e trasládase ao próximo domingo de piñata, 10 de marzo, no que se celebra a Festa da Cachucha. Así mesmo, suspéndese a verbena coa orquestra Aramio, que se ía celebrar na Praza Maior, e actuará o Domingo de Pascua, 21 de abril.

Tras consultar aos integrantes das comparsas, e ante a negativa previsión climatolóxica, que apunta a chuvia forte e persistente desde as 17,00 horas, o Concello opta pola alternativa de trasladar o concurso para o próximo domingo, no que, a día de hoxe, a predicción do tempo resulta máis favorable. 

As 16 comparsas inscritas para participar no desfile, o farán o domingo 10 de marzo, e tamén desfilarán os folións de Fradelo, Arrieiros de Petín e Tameirón. Así mesmo, neste desfile participará a comparsa de Amoeiro, e animarán as rúas durante todo o día cinco charangas: Castro Bello, Doctor Anchoa, Noroeste, Ardores e CLK.

Os premios do concurso entregaranse, conxuntamente cos correspondentes á Ruta dos Mil, ao remate do desfile, durante o baile que amenizará na Praza Maior a orquestra-espectáculo Principal.

O Concello pide disculpas por este aprazamento, que ven obrigado por forza maior, e para evitar calquera tipo de incidente cos integrantes e material das comparsas e da orquestra, así como do público.