FESTA DO PULPO

En Marea quere máis actividades para a xente nova na Festa do Pulpo

Bernardo García recomenda ó goberno municipal "a programación dunhas actividades que sexan máis atractivas para o sector máis novo"

O voceiro de Alternativa Veciñal-En Marea na Corporación do Carballiño, Bernardo García, indicou que "a Festa do Polbo non pode derivar nun macrobotellón no Parque municipal, como está a suceder nas últimas edicións deste evento". Por elo, o concelleiro recomenda ó goberno municipal "a programación dunhas actividades que sexan máis atractivas para o sector máis novo".

Por outra banda, critica o desfase rexistrado no orzamento do festexo correspondente ó ano 2016, do que tivo coñecemento recentemente. "As contratacións de grupos musicais e doutras actividades non poden exceder dese orzamento", apunta, á vez que solicita que o Concello lle entregue o informe económico de 2017. 

Te puede interesar