Maside contará con nova rede de saneamento e de augas pluviais

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil publica unha resolución acordada con data do pasado 27 de Maio pola que se somete a información pública, por un periodo de 20 días hábiles, o proxecto que vai executar na vila de Maside. A citada resolución é consecuencia do convenio de colaboración asinado recentemente polo alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, e o presidente da Confederación Hidrógráfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, e que vai permitir acometer a mellora da rede de pluviais e saneamento na capitalidade.

Procederase á intalación dun novo colector principal e renovación da rede integral, e á reposición das beirarrúas e da calzada. A obra terá un coste total de 470.000 euros, dos que a Confederación achegará 376.000 euros (o 80%) e o 20% restante, que son 94.000 euros, serán aportados polo concello.

Te puede interesar