As mulleres rurais navegan en internet

Instalacións da aula multimedia das mulleres rurais. (Foto: Martiño Pinal)
A aula de informática que posúe a Federación de Mulleres Rurais (Femuro) no Carballiño acolleu nos últimos cinco anos a máis de 2.000 usuarias, rapaces e xente maior de toda a comarca. As actividades da organización reanudaranse o vindeiro luns, con extensión as parroquias.
O espazo ‘Conectadas ó Mundo’ que posúe a Federación de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), e que agora está ubicado no número 15 da avenida Castelao do Carballiño, comezará o vindeiro lunes os cursos formativos de alfabetización dixital do ano 2010. Como en anos anteriores, a formación ‘está dirixida a toda a poboación en xeral, permitindo dende a formación inicial, word, excel, correo electrónico, messenger, e redes sociais, entre outros’, sinala Alicia González Barreiro, responsable do servizo.

A coordenadora dos programas apunta que ‘na vila do Arenteiro xa levamos case seis anos coa aula de informática, e por ela pasaron ata agora máis de 2.000 persoas, tanto mulleres rurais coma rapaces e xente maior dos nove municipios da comarca carballiñesa’. O éxito desta iniciativa está baseado na gratuidade dos cursiños e a flexibilidade de horarios para todas aquelas usuarias das 11 asociacións integradas na federación e o resto da poboación.

Creatividade


Neste sentido, Alicia González destaca que ‘imos manter de luns a xoves a aula aberta ós rapaces de seis a sete da tarde, mentres o acceso libre terá a mesma disposición de 12.00 a 13.30 horas para as veciñas e veciños que deseen utilizar os oito ordenadores dos que dispomos’. Por outra banda, as xornadas dos venres están centradas ó longo de todo o día a actividades creativas para persoas adultas, se ben os máis pequenos teñen o seu espazo reservado de 17.30 a 19.00 horas. Ademais, as persoas que acudan a este local de Femuro poden atopar tamén ofertas de emprego do Centro de Información da Mocidade (Cimo), gracias ó convenio de colaboración que manteñen ambos organismos, ‘e, ó mesmo tempo, a axuda necesaria para a realización do currículo persoal’, comenta Alicia González.

Os servizos inclúen un programa de apoio a familias monoparentais que se leva desenvolvendo nos últimos catro anos, para a atención á persoas solteiras, separadas ou viúvas con fillos ó seu cargo que precisen de axuda no coidado dos rapaces no caso de realizar actividades formativas, traballo ou consultas médicas dentro do seu horario laboral. As asociacións pertencentes á federación iniciarán tamén as súas actividades nas parroquias do rural o vindeiro 11 de xaneiro, consistentes en talleres de ximnasia de mantemento e de memoria, cunha primeira xornada na localidade de Mesego.

Te puede interesar