LETRAS GALEGAS

Un mural no Carballiño lembra a Manuel María

<p></p>
photo_camera Xesús e Chicho Carballido dan os últimos retoques ó mural dedicado a Manuel María.

O traballo ocupa unha parede no baixo dun edificio da rúa Cesareo Tizón

Os irmáns Xesús e Chicho Carballido son os autores dun gran mural que se está a realizar nunha céntrica rúa do Carballiño, en homenaxe a Manuel María e ao libro de poetas que escribiu sobre o Carballiño e a súa comarca, Contigueiro de Orcellón. O mural ocupa unha parede dun edificio situado na rúa Cesáreo Tizón, preto do concello, fronte á baixada ao barrio de Flores.

O lema escollido para render homenaxe ás Letras Galegas e a Manuel María, que aparece na fotografía, está extraído do Portelo do Cantigueiro de Orcellón e sintetiza o agarimo e amizade que tiña Manuel María pola vila, a comarca e pola súa xente. O mural, financiado polo Concello, enmárcase no amplo programa de actividades desenvolvidas dende abril en lembranza de Manuel María e que culminan o 17 de maio, Día das Letras Galega

Os irmáns Carballido Arias son os autores doutros murais realizados en diversas paredes dos edificio de Carballiño co gallo de anteriores edicións do Día das Letras. O mural que agora se adica a Manuel María é posible gracias cesión da parede do edificio feita pola familia Garriga.

Centro Chamoso Lamas

Na vila carballiñesa tamén se están ultimando os preparativos para a celebración do X Congreso do Centro Chamoso Lamas, que comezará o vindeiro sábado, 14 de maio, e se prolongará ata o luns, 16 de maio, na sede do Centro, en Cabanelas. Precisamente, onte a Consellería de Educación daba o seu respaldo ao Congreso e confirmaba que os profesores que se matriculen no mesmo poderán obter un diploma de 28 horas, que se sumará ó xa concedido pola Universidade de Vigo, de 30 horas, para os estudantes que se inscriban no mesmo.

Esta décima edición do Congreso celébrase co lema "Os estudios comarcais como base de investigación" e presentaranse 55 ponencias e comunicacións.

Te puede interesar