carballiño

Un muro mellorará a seguridade vial nunha parroquia de Boborás

boborás
photo_camera O muro contruirase neste punto da parroquia de Laxas, en Boborás.
Unha obra coa que o Concello busca a posta en valor e conservación do patrimonio monumental e etnográfico da zona

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) asinará co Concello de Boborás un convenio para a construción dun muro de contención na localidade de Liñariños, situada na parroquia de Laxas, co obxectivo de dar continuidade a unha construcción xa existente. O investimento necesario ascende a un total de 39.034,44 euros, e está contemplado no Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería do Medio Rural. O convenio foi aprobado polo pleno da Corporación municipal o pasado venres, unha vez que o proxecto "xa conta con tódalas autorizacións sectoriais pertinentes, de xeito que será executado neste mesmo ano", apunta a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres.

Según lembra a mesma rexedora, "trátase dunha demanda realizada polos veciños e veciñas de Liñariños para mellorar a seguridade do camiño xa existente, así como mellorar a estética deste núcleo urbano". Esta obra é unha das que contempla o Concello de Boborás para a posta en valor e conservación do patrimonio monumental e etnográfico, e tamén levar a cabo a sinalización de varias rutas a fin de dar a coñecer os elementos históricos e artísticos do municipio. 

Neste sentido, o goberno municipal pretende acometer a restauración dos lavadoiros públicos das localidades de Becoña, O Regueiro, Albarellos, Vilachá e Parada de Cameixa, que están pendentes de que a Dirección Xeral de Patrimonio  conceda a autorización precisa ós proxectos presentados.

Te puede interesar