Os nenos de Piñor recibirán reforzo escolar despois da clase

O Concello de Piñor pon en marcha o próximo 1 de outubro e por cuarto ano consecutivo o servizo Familias Tardías para atender ós cativos unha vez rematada a xornada escolar, de 18,00 a 20,00 horas, 'fomentando con elo a tranquilidade das familias traballadoras', segundo indican as autoridades municipais.
Durante os tres cursos anteriores, o programa obtivo gran interese e participación por parte das familias do Concello, obtendo nas enquisas de avaliación unha valoración moi positiva, sendo unha boa ferramenta para a conciliación da vida familiar e laboral e tamén para promover que os cativos teñan un hábito de estudo diario e un apoio nas súas dificultades. Entre as tarefas que se levan a cabo está a realización dos deberes escolares diarios, aula de internet e espazo de lectura.

Te puede interesar