educación

Nova edición do premio de fotografía que convoca Beariz

O Concello de Beariz convocou o seu concurso anual de fotografía, ao que poderán optar imaxes en branco e negro ou cor, rematando o prazo o próximo 11 de agosto, ás 14,00 horas

 O Concello de Beariz convocou o seu concurso anual de fotografía, ao que poderán optar imaxes en branco e negro ou cor, rematando o prazo o próximo 11 de agosto, ás 14,00 horas. O fallo do xurado será inapelable e terá lugar o día 13 de agosto, ás 20,00 horas, no salón de actos do Concello. O tema debe estar relacionado explicitamente con Beariz e tódalas súas parroquias: paisaxes, xente, festas, tradicións, escenas da vida cotiá, curiosidades, arquitectura, entre outros. Os premios son de 200 euros para o mellor traballo seleccionado, 100 euros ao segundo e 50 euros ao terceiro. 

Te puede interesar