Novos cursos de risoterapia darán resposta á gran demanda veciñal

A concelleria de Servizos Sociais, Purificación Alberte, clausurou o curso de risoterapia no que participaron 30 veciñas do Carballiño. Tanto as alumnas como a monitora, Carmen Enríquez, agradeceron esta actividad que consideraron moi positiva, instando á responsable de este departamento a organizar outros cursos similares. Purificación Alberte asegurou que está programando máis actividades marcadas por un denominador común, 'facer máis fácil a vida aos veciños e veciñas do Carballiño'.
Este é o segundo taller de risoterapia que se organiza dende que esta concelleira asumiu a dirección dos Servizos Sociais. Alberte declarou que aposta por este tipo de programacións, 'xa que cremos dende o concello que é moi beneficioso para os alumnos, tal e como o aseguraron eles mesmos, e comprobamos nós'. As participantes sinalaron durante o acto de clausura que o mellor medicamento é a risa e, sobre todo, saber buscar no interior de cada un o positivo do día a día.

Te puede interesar