Os opositores á área de compost recurren a autorización municipal

Asistentes a unha asamblea contra a platan, en Cea. (Foto: Martiño Pinal)
A plataforma cidadán que se opón á construcción dunha planta de compostaxe nas Fontaíñas, en San Cristovo de Cea, acordou interpoñer un recurso contencioso contra a concesión de licencia de obras por parte do Concello, que foi autorizada pola xunta de goberno local o pasado 15 de setembro.
A decisión foi tomada maioritariamente nunha asamblea celebrada na tarde de onte no local social da localidade de San Facundo, e na que participaron os veciños desta parroquia, Garabás e Mundín (Maside) e Mouriz e Barón (Carballiño), que se consideran afectados polo proxecto.

José Mosquera, voceiro da plataforma, sinalou que 'a presentación do recurso farase ante o Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense, e para costear os gastos xurídicos xa se iniciou unha colecta entre os veciños para recabar fondos'. Ademais, na mesma xuntanza tamén se acordou impugnar ante a Consellería de Medio Ambiente a resolución do 2 de setembro polo que a Xefatura territorial deste departamento considerou non era necesaria unha avaliación de impacto medioambiental.

Por outra banda, os Concellos de Maside e Carballiño solicitaron asesoría xurídica para a detección de posibles irregularidades na tramitación do expediente da planta de compostaxe por parte dos órganos de goberno de San Cristovo de Cea. Os integrantes da plataforma tamén están a espera dos informes da empresa promotora, Compost Galicia, sobre os lindes catastrais da finca que ocupará a planta.

Te puede interesar