A proposta socialista beneficia a 6.300 veciños dos concellos de Amoeiro, Maside e Punxín

O Parlamento insta á Xunta a facer outro vial na AG-53

Entorno en el que se ubicará la futura área de servicio de la autovía AG-53.  (Foto: Eva Domínguez)
A Comisión de Obras Públicas do Parlamento de Galicia aprobou onte por unanimidade unha Proposición non de Lei do grupo socialista na que insta á Xunta a comezar o estudo para a construción dun enlace de comunicación da Autovía AG-53 entre Santiago e Ourense cos concellos de Punxín, Amoeiro e Maside, utilizando para elo as infraestruturas da futura área de servizo prevista para o quilómetro 79 desta vía.
Segundo o parlamentario Pablo López Vidal trátase de prolongar os accesos á referida área de servicio, que quedará situada en dirección a Ourense, antes da ponte do río Barbantiño. Os terreos que se verán afectados están nos municipios de Maside e Amoeiro, que serán beneficiarios de este novo enlace xunto con Punxín.

López Vidal considera esta obra 'necesaria para que estes tres concellos poidan seguir medrando' e 'imprescindible para mellorar a calidade de vida de máis de 6.300 veciños directamente afectados e necesaria para seguir competindo no futuro e facer moito con pouco'. Reclamou así un enlace directo para dar servizo a estes concellos enlazando a área de servizo coa N-541 e con Amoeiro.

Ademais, sinalou que esta medida mellora a mobilidade e a seguridade dos desprazamentos, reduce o tempo dos percorridos e resulta fundamental 'no desenvolvemento económico desta zona da Galicia interior, de novo esquecida polo PP'. Dixo que esta infraestrutura beneficiaría directamente ao Concello de Amoeiro, actualmente 'cosido por varias infraestruturas', e permitiría unha conexión directa co parque empresarial de Punxín e con Maside.

Coa aprobación da Comisión de Obras Públicas da proposta de realización de un estudio de viabilidade por parte da Xunta concretase o primeiro paso para o que sería o cuarto enlace coa autovía na comarca do Carballiño, estando xa funcionando o do municipio de Piñor, o que parte de Ariz, en Cea, e o de Maside-Carballiño.

Te puede interesar