O Carballiño

O Parque Etnográfico de Carballiño contará con novo aparcamento

Un espazo que contará con prazas reservadas e adaptadas para vehículos de persoas con mobilidade reducida

O novo pavimento do traxecto de sendeiro do río Arenteiro entre a Pena dos Namorados e os muíños do Museo Etnográfico do Carballiño está rematado, e agora estase finalizando a mellora do aparcamento, que contará con prazas reservadas e adaptadas para vehículos de persoas con mobilidade reducida.

A primeira fase do aparcamento, que está situado nunha carballeira preto da recepción do camping e dos bungalows, xa se completou, e agora só resta pavimentar as prazas reservadas ás persoas con discapacidade e colocar un panel en 2D coa sinalización turística da zona. A inversión é de 48.399 euros.

Te puede interesar