charla

Piñor apraza a visita a Cerceda e a charla sobre o ciberacoso

Se levará a cabo o vindeiro luns 28 de agosto

O Concello de Piñor vén de informar de cambios nas datas en dúas actividades. A primeira, o aprazamento da visita ó parque acuático de Cerceda, que estaba prevista para onte, xoves, e que tivo que ser cancelada debido á comunicación de peche das instalacións lúdicas por mor do mal tempo. 

Con este imprevisto, dende o Concello vense na obriga de cambiar de data a excursión, de maneira que se levará a cabo o vindeiro luns, 28 de agosto, cos mesmos horarios (saída ás 10,00 e volta ás 21,00horas). Tendo en conta as molestias ocasionadas, o parque acuático subvencionará as entradas a tódolos asistentes, e dende a alcaldía de Piñor incrementarase o financiamento do transporte, de maneira que as tarifas para poder desfrutar desta actividade redúcense considerablemente.  As persoas empadroadas deberán abonar tres euros, e cinco euros as non empadroadas.

 O Concello tamén apraza ata o mércores, día 30, a charla “Principais perigos na rede e prevención do ciberacoso”, mantendo o horario das 11,00, no Centro social da Albarona. 

Te puede interesar