MEDIOS

Piñor recupera o camión de bombeiros sen usar desde 2008

"O seguinte paso é loitar por un camión en cesión de maior capacidade que xa foi solicitado á Consellería de Medio Rural”, aseguró el alcalde

O Concello de Piñor recupera o antigo camión de bombeiros de propiedade municipal que levaba desde marzo do ano 2008 parado e sen arranxar. Grazas ao apoio de Medio Rural, o Concello dispón deste vehículo e, por iso, o alcalde José Luis González agradece o compromiso da Xunta en materia de prevención de incendios co Concello de Piñor. 

"O primeiro obxectivo era a recuperación do antigo camión de bombeiros que volverá estar en uso. As súas dimensións permiten acceder a lugares que os camións grandes non poden porque non pasan polas rúas dos nosos pequenos pobos", sinala o rexidor. E, ademais, engade que "o seguinte paso é loitar por un camión en cesión de maior capacidade que xa foi solicitado á Consellería de Medio Rural”. Considera que os convenios de tratamentos preventivos e da brigada de incendios xunto cos desbroces que realiza o persoal municipal son a base para loitar contra o lume.

Te puede interesar