Medio Rural aportará 120.000 euros neste ano

Un plan de abastecemento permitirá suministrar auga a tres parroquias de O Irixo

La localidad de Alemparte, en donde será instalado un depósito de agua.
Unha proposta do grupo municipal do BNG de O Irixo que foi aprobada por unanimidade da Corporación permitirá dotar de abastecemento de auga a catro aldeas, dentro de un programa financiado por Medio Rural.

O grupo municipal do BNG no Irixo deu a coñecer o plan de actuacións que a Consellería do Medio Rural vai executar durante este ano, e que contou co visto bó do equipo de goberno do Concello, co alcalde ’popular’ Manuel Penedo a súa fronte, no pleno da Corporación.
Neste senso, o voceiro nacionalista, Óscar Freixedo expresou a súa satisfacción, ’xa que istes proxectos que se acometerán levaban moito tempo sendo reclamados polos veciños e non había disposición de facelas, ata que os afectados se mobilizaron e acudiron á sesión plenaria’. Así, Medio Rural destinará un total de 120.000 euros ó longo deste ano para levar a cabo traballos de infraestructuras en catro localidades do municipio de O Irixo.

As melloras consistirán na captación e traída de auga para o abastecemento na Esfarrapa, na parroquia de O Campo, unha obra que os veciños demandaban dende hai motios anos, debido a que na tempada de verán quédanse sen auga. ’O Concello construíu un depósito hai catro anos pero nunca se chegou a utilizar porque non se fixeron as canalizacións oportunas dende os mananciais’, apunta Óscar Freixedo.

O plan contempla a instalación do abastecemento e un depósito regulador con capacidade para 50.000 litros en Alemparte, na parroquia de Loureiro, mentres tamén se construirá outro de 30.000 litros en Nabás, na parroquia de A Cidá. Finalmente, un grupo de bombeo proporcionará auga a tódolos veciños da Lama do Campo, xa que a existencia de desniveis impide chegar o suministro a algunhas casas.

Te puede interesar