MEDIO AMBIENTE

Plantación de árbores para compensar o rally de Piñor

O Concello de Piñor celebrou no pasado mes de abril o I Rallymix e as autoridades comprometéronse a plantar na zona do trazado unha árbore por cada piloto inscrito

O alcalde de Piñor, José Luis González, acompañado de concelleiros e membros da organización do Rallymix de Piñor plantaron 32 árbores autóctonas na parroquia de Torcela e no campo da festa do Arenteiro, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. O Concello de Piñor celebrou no pasado mes de abril o I Rallymix e as autoridades comprometéronse a plantar na zona do trazado unha árbore por cada piloto inscrito, como acto simbólico para minimizar o impacto medioambiental ocasionado polos coches participantes.

Mentres, o grupo municipal socialista reclama ao Cocello unha resposta ás queixas que lle chegan sobre o mal estado dunha caseta no pobo da Devesa. Aseguran que "durante a celebración do Rallymix de Piñor produciuse un choque contra a mesma, por parte dun dos coches que participaban, que a deixou en moi mal estado". Este grupo da oposición, puntualiza que "a día de hoxe, case dous meses despois, o Concello non procedeu ó seu arranxo".

Te puede interesar