O poeta Luis Tosar recibe o nomeamento como fillo adoptivo do Concello do Irixo

A paraxe nomeada ‘Ínsua dos Poetas’ acollerá no mediodía de hoxe o acto oficial de nomeamento do escritor Luis González Tosar como fillo adoptivo do Concello do Irixo. Nesta paraxe natural situada na Esgueva, no límite co municipio do Carballiño, o tamén presidente do Pen Clube Galicia, que naceu en Bós Aires, tamén será un dos protagonistas dun evento literario no que participarán outros colegas galegos de Tosar.
O nomeamento como fillo adoptivo foi tomado pola Corporación Municipal do Irixo o pasado ano, e se ben inicialmente estaba previsto o acto de honra no mesmo salón de plenos do Concello, decidiuse o traslado a ‘Ínsua dos Poetas’ Deste xeito, neste recinto que foi acondicionado pola Deputación de Ourense celebrarase a primeira edición da ‘Festa da Palabra’, na que destaca a participación de Xosé Luis Méndez Ferrín para facer unha análise da personalidade literaria do homenaxeado.

Conmemoración

No programa tamén figura Xesús Alonso Montero, e poetas coma Salvador García Bodaño, Víctor Campío, Miro Villar e Anxo Anguieira, que darán lectura ós seus poemas, mentres o mundo da arte estará representada por Antón Llamazares. A ‘Ínsua dos Poetas’ foi inaugurada o pasado 23 de abril, a fin de conmemorar o Día do Libro.

Te puede interesar