CULTURA

O Potiños expón as fotos de personaxes nas rúas

Expositores de retratos na Praza Maior do Carballiño.
photo_camera Expositores de retratos na Praza Maior do Carballiño.

A asociación fotográfica O Potiños inaugurou onte uha exposición na Praza Maior do Carballiño, con 16 fotografías de gran tamaño e de diferentes personaxes da vila con motivo da iniciativa "Pon unha foto na rúa 2020".

Os retratos, realizados por integrantes deste colectivo cultural carballiñés e reproducidos en lonas, móstranse en catro expositores, que permanecerán instalados na Praza Maior durante esta semana.

O próximo domingo, 28 de xuño, terá lugar, tamén na Praza Maior, unha nova edición de "Pon unha foto na rúa", na que haberá máis fotografías expostas e un set para retratar a todas as persoas, grupos e familias que queiran deixarse fotografar polos integrantes de O Potiños.

O presidente da asociación, Manuel Blanco, apuntaba a que as fotos faranse tendo de fondo a escultura da pulpeira e con todas as medidas hixiénicas e de seguridade para evitar contaxios do covid-19. Esta actividade cultural é a primeira que se desenvolve no Carballiño despois da pandemia.

Te puede interesar