A prevención do consumo de alcohol chega ás autoescolas

A Concellería de Servizos Sociais do Carballiño iniciou onte nas dúas autoescolas da vila o desenrolo dun programa orientado á prevención do consumo de alcohol e outras drogas entre os aprendices de conductores.
As dúas autoescolas existentes no Carballiño están a colaborar coa Concellería de Servizos Sociais na segunda edición do programa ‘Cambia de sentido’, que ten como obxectivo o fomento de hábitos saudables entre os novos conductores, a fin de evitar o consumo de alcohol e outras drogas.

A responsable desta área municipal, Asunción Rivero, lembrou que ‘o ano pasado participaron nesta actividade medio cento de alumnos e alumnas das autoescolas Carballiño e Gabelo, e aproveitamos esta época de vacacións nas que os xóvenes se adican a sacar o carné de conducir’. A primeira xornada desenvolveuse onte no primeiro centro citado e correu a cargo do psicólogo Xosé Manuel Fariñas Darriba, técnico do departamento de Prevención en Drogodependencias do Concello carballiñés.

‘O básico é que os futuros conductores coñezan os efectos negativos do alcohol, do tabaco e incluso dos medicamentos á hora de poñerse ó volante dun vehículo, ademais de incrementar a percepción de risco nesta situación’, sinala Fariñas Darriba. Os participantes no programa son sometidos a un cuestionario previo de avaliación e a outro ó remate da exposición dos contidos, que inclúe a presentación dun vídeo encol dos diferentes tipos de sustancias estupefacientes. A segunda sesión está prevista para o vindeiro luns, nas aulas da autoescola Gabelo.


Te puede interesar