FESTA DO PULPO

Promoción de la Festa do Pulpo en Viana do Castelo

uploaded_viana_result
photo_camera Juan Mao, Francisco Fumega, José María Costa e Manuel Dacal.

Para corresponder á visita da delegación carballiñesa, a Cámara Municipal de Viana enviará o día da Festa do Pulpo un grupo de cabezudos con acompañamento musical de bombos

A Praza da República de Viana do Castelo acolleu onte o primeiro acto promocional da 54 Festa do Pulpo, adicada á Eurorrexión. O presidente da Cámara Municipal, José María Costa, o xerente do Eixo Atlántico, Juan Mao, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, compartiron a presentación da festa ante un nutrido grupo de xornalistas e invitados a este evento.

A delegación carballiñesa, formada polo alcalde e os concelleiros de Turismo e Cultura, foron recibidos na Cámara Municipal de Viana polo presidente, con quen se reuniron por espacio de media hora, antes de desplazarse ate a Praza da República, onde se desenvolveu o acto de promoción, e no as pulpeiras do Carballiño que prepararon o pulpo, suscitaron unha gran expectación entre os asistentes. Para corresponder á visita da delegación carballiñesa, a Cámara Municipal de Viana enviará o día da Festa do Pulpo un grupo de cabezudos con acompañamento musical de bombos, amosando un grande interese por promover a festa principal de Viana no Carballiño.

Te puede interesar