Protección Civil recibe un novo vehículo de extinción de lumes

Camiña, Gómez, Mateo, Carlos Montes e Emilio García, xunto ó novo vehículo.
A Agrupación Local de Protección Civil do Carballiño xa dispón dunha bomba urbana lixeira (Bul) para a extinción de incendios no casco urbano. O vehículo foi entregado pola delegada de Presidencia, Concepción Camiña.
Os medios técnicos de extinción de lumes no casco urbán do Carballiño veñen de ser reforzados coa entrega dun vehículo á Agrupación Local de Protección Civil por parte da Delegación da Consellería de Presidencia.

O camión, denominado Bul (Bomba urbana lixeira), pode cargar ata 2.000 litros de auga e o seu custe ascende a 120.000 euros, dos cales o 80% foi aportado pola consellería e o resto polo Concello carballiñés.

A delegada do departamento autonómico, Concepción Camiña, alabou o traballo dos voluntarios carballiñeses de Protección Civil e lembrou que ’nos últimos meses xa levamos entregados 43 vehículos a outros tantos concellos da provincia’. O alcalde Carlos Montes aproveitou a ocasión para solicitarlle ’un novo todoterreo para mellorar a dotación da agrupación local’.


Te puede interesar