O PSdeG afirma que ten boas perspectivas electorales

A secretaria de organización provincial do PSdeG, María Quintas, salientou onte no Carballiño as boas perspectivas do partido nesta comarca para as próximas eleccións municipais. Quintas afirma que se conservarán todas as alcaldías e se subirá significativamente en número de votos en todos os concellos. 'As perspectivas de subida electoral son notorias', dixo, porque 'onde gobernamos nótase o pulso económico e o espírito combativo dos seus cidadáns, pese as afrentas da Xunta con actuacións como a Lei de Augas e a implantación dunha incineradora de lixo nas súas inmediacións'.
O senador Miguel Fidalgo sinalou que a comarca recibiu o pasado ano 3,5 millóns de euros do Fondo Estatal de Sostenibilidade Local, que se suman aos 5,7 millóns de euros aportados no ano 2009, mentras o alcalde, Carlos Montes, criticou as políticas da Diputación.

Te puede interesar