O CARBALLIÑO

O PSdeG pide que se elimine o verquido dunha fosa en Ariz

Consideran que é urxente dar resposta para deter un verquido que afecta a un camiño público.

O grupo municipal socialista de Cea faise eco das queixas dos veciños de Ariz. O portavoz, Guillermo Fernández Dopazo, asegura que fai un ano que hai un verquido de fosa séptica sobre un camiño que pasa ao lado das vivendas do pobo, sen que o Concello de Cea fixera nada por solucionalo, ata o momento. O PSdeG informou desta situación ós responsables municipais en varias ocasións, a última no pleno do mes de setembro. 


Dopazo anuncia agora que se vai rexistrar por escrito a mesma petición, para que quede constancia e "o goberno do PP non poida dicir que non se lles avisou en reiteradas ocasións, tanto a través dos representantes políticos coma dos propios veciños que están a padecer esta situación". Consideran que é urxente dar resposta para deter un verquido que afecta a un camiño público.

Te puede interesar