O PSOE dubida da adaptación do camping á nova lexislación

O grupo municipal do PSdeG-PSOE do Carballiño calificou de 'delirante' a xestión do equipo de goberno 'popular' de Argimiro Marnotes no camping. 'Pretenden vender coma un éxito o cheo das pallozas, despois de ter as instalacións abandoadas e pechadas durante meses', apunta o voceiro socialista, Francisco Fumega.
O PSdeG carballiñés lembra que o xerente do camping 'foi a persoa que conqueriu encher de visitantes' os aloxamentos turísticos, 'e foi despedido polo Concello e indemnizado por despido improcedente'. Os socialistas manteñen a súa demanda de información sobre a adaptación do camping á nova lexislación, 'xa que incluso pode chegar a causar problemas coa licencia de actividade'.

Te puede interesar