O PSOE lembra que é inviable a área industrial de Punxín

O grupo municipal do PSOE de Punxín manifestou onte que o alcalde, Manuel Vázquez, do PP, está a desviar toda a atención dos veciños cara un polígono industrial, 'cando o proxecto que levaban no seu programa electoral era a creación dun complexo termal no Bañiño'. O voceiro socialista, David Cruz, apunta que para crear unha área empresarial, 'primeiro hai que contar coa conformidade dos veciños, xa que as fincas son privadas e téñense que pagar, cun custe moi elevado para as arcas municipais'.
O concelleiro dubida de que 'haxa cartos para elo, xa que hoxendía un parque industrial é un proxecto inviable, tendo en conta que grandes e medianas empresas están a facer recortes de persoal'.. Cruz lembra que a proposta de solo empresarial xa foi valorada polo Concello de Punxín a xunta e os propios redactores do Plan Xeral de Ordenación de Galicia e os propios técnicos do plan, 'que aseguraron que era un proxecto moi costoso para un municipio coma Punxín, que tan só dispón dun orzamento de pouco máis de 300.000 euros'.

Te puede interesar