O PSOE reclama unha segunda gardería no Carballiño

O grupo municipal do PSdeG do Carballiño presentou unha moción mediante a que solicita o apoio da Corporación local para a defensa de determinados servizos relacionados co ensino público. Desta maneira, insta a rexeitar firmemente o repagamento do comedor nos colexios públicos do Concello do Carballiño que pretende instaurar a Xunta para o vindeiro curso escolar.
Ademáis, pretende que a Corporación esixa á Xunta que de forma inmediata comece os trámites para dotar ao concello dunha nova e impresicindible Galiña Azul que poida estar en pleno funcionamento de cara ao curso académico 2013/2014. Nese senso, este grupo da oposición recorda o compromiso das autoridades autonómicas para con este concello, tendo en conta que neste curso quedaron en lista de espera para este servizo un total de 50 familias.

Por outra banda, os socialistas reclaman ó grupo de goberno municipal que garantice o mantemento do servizo de transporte dos usuarios de Bo dia familia ata os seus respectivos centros sen custo ningún para eles como ata o de agora, buscando se é preciso outras fontes de financiación. A oposición considera que si se suprime a financiación deste transporte e o teñen que asumir as familias, o servizo vai resultar moi costoso, posto que a matrícula xa pasou dos 20 ós 300 euros anuais no 2012.

Te puede interesar