O CARBALLIÑO

O PSOE solicita explicacións en Punxín sobre un nomeamento

Dende o grupo municipal do PSdeG-PSOE esíxenlle ó novo goberno de Punxín "que aclare e dea as explicacións pertinentes sobre os acordos de goberno

O PSdeG-PSOE de Punxín denuncia públicamente a falta de transparencia que, según esta formación política, "unha vez máis reina no Concello da man do novo bipartito formado polo Partido Popular e Ciudadanos". Os socialistas aseguran  quedar "anonadados" cando na celebración do pleno de organización se nomeou como tenente de alcalde ó voceiro de Ciudadanos, Eligio González, “pero sen anunciar que delegación de competencias vai ter, nin cal é o acordo o que chegaron ambos grupos políticos”, sinalan.

Así, dende o grupo municipal do PSdeG-PSOE esíxenlle ó novo goberno de Punxín "que aclare e dea as explicacións pertinentes sobre os acordos de goberno, xa que son de vital importancia para o futuro da veciñanza". A voceira socialista, Lorena Peleteiro, apunta que “parece que só chegaron a un acordo para cambiar sillóns e manter o silencio”.

Te puede interesar