O pulpeiro de O Carballiño, Paco Gómez, recibe un premio de honra en Avilés

O CARBALLIÑO (PARQUE MUNICIPAL). 14/08/2022. OURENSE. LX Festa do pulpo de O Carballiño. FOTO: ÓSCAR PINAL

A cidade asturiana de Avilés celebra estes días unhas xornadas de pulpo á feira, e con este motivo entregáronse os galardóns “Comensal de Honra Álvaro Cunqueiro”, un evento que tén un gran recoñecemento gastronómico en Asturias, e sendo un dos galardoados o pulpeiro carballiñés Paco Gómez, que rexenta sete negocios hostaleiros en Asturias.

Ao acto asistiu o teniente alcalde e concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, quen se referiu á boa relación que existe entre Asturias e o Carballiño dende hai moito tempo, e proba delo é que dedicóuselle unha edición da Festa do Pulpo a esta comunidade, facendo a presentación en Xixón.

Durante o acto, ao que asistiu a teniente alcaldesa de Avilés, destacouse a forte ligazón comercial que houbo entre Avilés e Carballiño no século XVIII, documentada, entre outros, polo historiador carballiñés Carlos Montes.

Te puede interesar