Recital e un espectáculo musical no Día da Poesía en O Carballiño

Luis González Tosar, César Fernández, Diego Fernández e Valentín García.
photo_camera Luis González Tosar, César Fernández, Diego Fernández e Valentín García.
Participarán escolares de centros educativos da comarca e de Vigo.

“O Carballiño será ese día a capitalidad cultural de Galicia”, manifestaba o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, no transcurso da presentación do Día da Poesía, que se celebrará o 21 de marzo, na Insua dos Poetas (Madarnás), anunciado a presenza institucional do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González; do presidente da Deputación provincial, Manuel Baltar; e do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

O presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, referíase á efeméride establecida pola Unesco en 1999, que no Carballiño contará coa participación de alumnos do IES Nº1, do Chamoso Lamas e dos CEIP Calvo Sotelo, Sagrado Corazón, Vila do Arenteiro, Boborás, Maside e O Irixo, contando tamén como convidado co Institituto do Castro de Vigo.

Comezará ás 10,00 horas e honrarase a figura de Florencio Delgado Guarriarán, (Letras Galegas 2022), co recital de poemas, que dará paso o espectáculo de música e danza “Cantares Transhumantes” de Mirian Sandoval. “Estrea este espectáculo moi distinto e suxerente”, sinala González Tosar.

Tamén se rendirá homenaxe á literatura arxentina coa plantación dun ombú, entre outras especies arbóreas. Valentín García destacaba o “marcado carácter educacional”; e César Fernández, vicepresidente da Deputación, apuntaba a que nestes tempos convulsos “é o momento máis adecuado para celebrar a poesía”. Diego Fernández, concelleiro de Cultura, referíase á Insua dos Poetas como o “maior parque escultórico de Galicia e referente de actividades como o Día Mundial da Poesía”.

Te puede interesar