Recollidas máis de 6.000 sinaturas na defensa da reciclaxe de residuos urbáns

Unha veciña do Carballiño asina o documento na mesa instalada na Praza Maior. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Representantes de asociacións ecoloxistas da comarca instalaron onte na Praza Maior do Carballiño unha mesa de recollida de sinaturas.
Estas apoiarán, no Parlamento galego, unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na que se propón unha aposta pola normativa europea de reciclaxe para reducir a incineración de residuos. Bernardo García, de Adega, suliñou que 'ata o momento, xa levamos máis de 6.000 sinaturas, e confiamos en superar as 15.000 necesarias'.

Te puede interesar