La Región

OBRAS

Recta final para o asfaltado na estrada de Mudelos

Conta cun orzamento de 52.967 euros, dos cales a Deputación provincial aporta 34.622
Francisco Fumega e Rogelio Otero visitaron as obras de asfaltado.
Francisco Fumega e Rogelio Otero visitaron as obras de asfaltado.
Recta final para o asfaltado na estrada de Mudelos

As obras do novo asfaltado na  estrada de Mudelos atópanse moi avanzadas, según puideron comprobar o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Obras, Rogelio Otero, nunha visita realizada este xoves a esta parroquia do Carballiño. Trátase dun proxecto contemplado nos Plans Provinciais do 2019, que, malia a ter un orzamento de licitación de algo máis de 73.000 euros, foi adxudicado por 52.967 euros, dos cales 34.622 foron aportados pola Deputación provincial e os 18.344 euros restantes polo Concello carballiñés.

Según indicaron dende o departamento municipal de Obras, "este proxecto mellora significativamente o acceso á localidade de Mudelos, xa que contempla tamén unha ampliación de ambas marxes da calzada". O goberno municipal xa prevé solicitar para o vindeiro ano a continuación destes traballos de asfaltado dentro dos Plans Provinciais, "ó que sería unha segunda fase de ancheamento e mellora do firme da calzada na estrada entre Mudelos e a aldea de Paciños, nesta mesma parroquia".

Deste xeito, rematan os traballos que estaban contemplados no programa de obras da institución provincial para Carballiño, no que, ó abeiro do Plan de Termalismo, foi executada tamén a ampliación dos accesos ó balneario das Caldas de Partovia, para permitir o paso de autocares. Neste proxecto, Deputación e Concello invistiron conxuntamente 50.000 euros.