BOBORÁS

A recuperación da ponte de Balboa custa 20.000 euros

A ponte está pechada ao tráfico desde mediados do pasado mes de xaneiro, a raíz dun temporal que arrastrou un tronco que foi a chocar contra os pilares.

O Concello de Boborás permanece á espera de que melloren as condicións climatolóxicas para retirar as pedras derribadas da ponte de Balboa, ademais da árbore que causou os destrozos. A ponte está pechada ao tráfico desde mediados do pasado mes de xaneiro, a raíz dun temporal que arrastrou o tronco que foi a chocar contra os pilares. Os responsables municipais afirman que o Concello retirará as pedras e a árbore, unha vez o autorice Patrimonio, pero que a ponte necesita posteriormente unha reparación para garantir a seguridade da circulación, cunha inversión que sobrepasa os 20.000 euros, según o estudio realizado.

O problema xurde por causa da falta de financiación, polo que os responsables municipais esperan a colaboración da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

A situación actual ven dada polas incesantes choivas e crecidas do río Viñao e polos golpes constantes de árbores e ramas que afectaron ao pilar central da ponte, polo que o Concello tomou a decisión de pechar o acceso ata que non se verifique a seguridade da mesma para os veciños que transitan por ela a diario.

Os usuarios desta vía deben facer uso desde o pasado mes de xaneiro do acceso alternativo, e en lugar de dirixirse cara Brués teñen que facelo a través de Xurenzás.

Te puede interesar