MEJORAS

A reforma do Bañiño comeza coas obras nun aparcadoiro

<p></p>
photo_camera As obras no entorno do manantial termal público O Bañiño de Arcos.

A primeira fase do proxecto contempla vinte prazas para coches e melloras da seguridade vial na zona

A Deputación de Ourense iniciou as obras de acondicionamento e mellora da área recreativa e termal O Bañiño de Arcos, no Carballiño. Trátase dun manantial público, que contará nas próximas semanas cun aparcadoiro para vinte vehículos. É a primeira fase da remodelación desta área termal, que soporta unha gran afluencia de tránsito, sobre todo durante o verán. Co obxectivo de facilitar o aparcamento e mellorar a seguridade das persoas que acuden a pé, contémplase este proxecto dentro do Plan Termal Provincial da Deputación para este ano 2017, destinado ás melloras nas zonas termais.

O proxecto consiste na construción dun muro de pedra de contención que limita a calzada da carballeira, e o empedrado da zona do aparcamento. Así mesmo, tamén se acondiciona un tramo do camiño de acceso ao Bañiño desde a Ponte de Veiga, na zona da piscifactoría, cos mesmos materiais de formigón e pedra.

O custe desta obra é duns 60.000 euros, que sufraga íntegramente a Deputación provincial.

A habilitación deste aparcadoiro, que permitirá estacionar vinte coches en batería, tamén contriburá a ordenar o tráfico na zona, xa que a menudo se producían problemas debido á dificultade de aparcar e na saída e entrada ao manantial, segundo apuntan as autoridades municipais do Carballiño.

O proxecto de remodelación contempla unha segunda fase na que se procederá ao acondicionamento da área recreativa da carballeira, mellorando o mobiliario e construíndo un camiño peonil para acceder á fonte desde a cima do parque, sen ter que baixar pola estrada.

Esta remodelación execútase nunha área termal pública, cando tamén está a punto de inaugurarse o Balneario Las Caldas de Partovia, pendiente de recibir dun día para outro o permiso de Sanidade, que é o único que falta.

Ademáis, as autoridades municipais tamén esperan ter a confirmación en próximas fechas da autorización da Xunta para que o Gran Balneario deselvolva o proxecto do arquitecto Gallego Jorreto para a construción dunha piscina e unha cafetería.

Te puede interesar