SAÚDE

A Residencia de Tempo Libre acolle unha nova edición de ‘Vitalia Galicia'

'Vitalia' persigue a readaptación á vida diaria das mulleres diagnosticadas de cancro, empregando para elo as actividades grupais máis innovadoras e pioneiras no tratamento e rehabilitación do cancro

A Residencia de Ocio e Tempo Libre do Carballiño acolle desde onte e ata o vindeiro xoves, 2 de xuño, a undécima edición de "Vitalia Galicia: Estancias socioterapéuticas para mulleres operadas de  cancro". Esta iniciativa é un proxecto posto en marcha pola Asociación Española Contra o Cancro de Ourense para "dar resposta a unha problemática que as mulleres con cancro de mama estaban a experimentar en relación a esta enfermidade".

'Vitalia' persigue a readaptación á vida diaria das mulleres diagnosticadas de cancro, empregando para elo as actividades grupais máis innovadoras e pioneiras no tratamento e rehabilitación do cancro. Neste sentido, no encontro que se celebra en Carballiño, os organizadores desenvolverán un amplo programa de actividades, impartidas por 13 profesionais de diversos ámbitos e especialidade

Te puede interesar