servizo

A Residencia de Tempo Libre acollerá no Nadal a 120 persoas

Este programa levarase a cabo entre o 23 de decembro de 2016 e o 2 de xaneiro do 2017

A conselllería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, organiza o programa “Xuntos polo Nadal 2016”, un programa de promoción do envellecemento activo e convivencia destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. 

Ofértanse 120 prazas na Residencia do Tempo Libre do Carballiño para as persoas solicitantes das provincias de Ourense e A Coruña. Tamén se ofertan outras 120 prazas na Residencia do Tempo Libre de Panxón para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.

Este programa levarase a cabo entre o 23 de decembro de 2016 e o 2 de xaneiro do 2017, e comprende os seguintres servizos: estancia na residencia durante 11 días, aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, desplazamento en autobús desde os lugares que se establezan e actividades de animación sociocultural. 

Os solicitantes deben ter cumplidos os 60 anos, estar empadronado nalgún concello galego e vivir no seu domicilio, estar so nas datas do Nadal, valerse por si mesmo e non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais, e non estar acollido en ningún centro asistencial. 

Te puede interesar