Retómanse as obras do Centro castrexo de Lás

Un investimento de 3,5 millóns de euros permitirá conclui-lo Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás, no concello de San Amaro, tra-la adxudicación das obras pola Consellería de Cultura. Os traballos xa se iniciaron e as previsións apuntan ó seu remate no 2009.
As empresas Decoración y Construcciones (Dicsa) e J. Quijano S.A. son as adxudicatarias das obras de remate do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, ubicado no entorno do cas tro de San Cibrán de Lás, no municipio de San Amaro.

O Centro de Interpretación terá unha superficie de case 3.000 metros cadrados e contará cunha gran exposición estable sobre o xacemento e a cultura castrexa e outra sala máis para albergar mostras temporais co obxectivo de manter actualizados os contidos do centro e amosar as novidades das investigacións.

As instalacións, que suporán un investimento de 3,5 millóns por parte da Consellería de Cultura, tamén inclúen aulas didácticas, biblioteca, fototeca, zonas de documentación, arquivo, sala de reunións e unha área de servizos, con tenda e cafetería. A maiores desta construción, neste ano están previstos 90.000 euros para continuar coas excavacións e a posta en valor do xacemento, xunto con outra partida para limpeza e mantemento.

O ano pasado, Cultura destinou 280.000 euros a elaborar o proxecto museolóxico e a instalación museográfica das salas; 110.000 euros para as excavacións e consolidación do castro e outros 90.000 para outras actuacións no entorno.

Te puede interesar