A entidade de pescadores prevé que en dous anos xa esté repoblado o total de 16 quilómetros

O río Arenteiro será o único coto para troitas autóctonas

Alevíns de troita na canle de cría ubicado no barrio de Toscaña. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O coto de pesca do río Arenteiro, con máis de 16 quilómetros de lonxitude entre Cea e Carballiño, será o primeiro de Galicia en acoller en todo o seu percorrido troitas autóctonas para a práctica deste deporte. Na actualidade, tan só un tramo (denominado 'natural') de 11,5 quilómetros , deles catro no afluente Marañao, están reservados para a solta de especies propias do ecosistema fluvial da comarca.
O presidente da entidade que xestiona o coto, Alfonso Carballeda, indicou que 'en dous anos, tódalas troitas serán autóctonas'. Neste sentido, indicou que o tramo adicado á pesca intensiva, que agora se repobla con 50.000 exemplares da especie centroeuropea, criados na piscifactoría da Xunta e na canle de alevinaxe de Toscaña, 'tamén terá troitas do país'.Nestes intres, estanse a recoller anualmente ovas dunhas 200 troitas adultas no tramo de pesca natural, que proporcionarán uns 80.000 alevíns para soltar en todo o coto no ano 2014.

Por outra banda, a sociedade de pescadores do Arenteiro ingresará 16.800 euros polas cuotas dos afiliados, ó incrementar éstas de 50 a 60 euros, sen contar os 3.700 pola expedición dos permisos. O primeiro sorteo de postos fixado pola asociación será o 15 de marzo, na Casa da Cultura, ás 20,30 horas.

Te puede interesar