Unha rotura na traída deixou a rúa Curros sen suministro

Os carballiñeses que viven no primeiro tramo da rúa Curros Enríquez do Carballiño voltaron a quedarse sen agua por segunda vez nunha semana, ó romper a canalización principal que baixa dende o barrio de Catro Camiños. A avaría foi reparada polos operarios de Aquagest, empresa concesionaria do abastecemento, pero as obras precisaron manter cortado o suministro durante catro horas pola tarde do martes e catro pola mañá de onte, según comentaron os afectados.
Na pasada fin de semana, produciuse outra rotura na mesma tubería, no entronque da citada rúa coa avenida Conde Vallellano, e que motivou un corte do tráfico rodado mentres os traballadores do Concello carballilñés repoñían o pavimentado da beirarrúa, que tivo que ser aberto polos empregados da concesionaria.


SOLUCIÓN

Propietarios de establecementos da zona xa solicitaron varias veces da Concellería de Obras unha solución para evitar máis avarías. Esta consistiría na retirada da vella canalización (con máis de 30 anos de antiguïdade) que aínda está instalada na actualidade e a súa substitución por unha nova na marxe esquerda de Curros Enríquez, ata o entronque coa rúa Marcelino Parrondo. Por parte do Concello, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Amil, subliñou que 'nestes intres non hai posibilidade económica para afrontar este proxecto'.

Te puede interesar